Bienestar Animal


INTRODUCIÓN

Ata finais do século XIX os animais desprazábanse camiñando, cubrindo distancias de entre 20 a 30 km por día. As diferenzas xeográficas entre os centros de produción e de consumo provocaron a necesidade de realizar os traslados dos animais cunha maior rapidez mediante diferentes medios de transporte (barco, tren,avión, etc.). Realizouse o primeiro envío importante de reses vivas por ferrocarril en 1852 nos Estados Unidos de América. Posteriormente, cara ao ano 1910, comezou o traslado de gando por estrada desde as granxas ata os mercados e matadoiros, xeneralizouse deste xeito este medio a partir de 1925.

En Europa, o desprazamento por estrada constitúe hoxe en día o principal sistema de transporte e representa entre o 90-99% do total, con movementos de 365 millóns de animais anuais dos cales se controlan diariamente 50.000 polo sistema informático TRACES.

Este masivo incremento de relacións comerciais e volume de traslado de animais vivos e os seus productos entre países acompáñase dun aumento do risco de transmisión de enfermidades, polo que é necesario o estrito cumprimento das condicións sanitarias, dos controis veterinarios e dos requisitos de benestar animal, xa que se calcula que o 25% dos casos de propagación de enfermidades teñen a súa orixe durante o transporte.

Todos os anos a industria da carne perde grandes sumas de cartos pola aparición de hematomas, carnes escuras, pálidas ou baixas no transporte. Á parte destas razóns comerciais, existen razóns políticas na con- cesión de axudas (Axenda 2000, revisión da PAC) e éticas que crearon unha preocupación no consumidor sobre o trato que durante a crianza, transporte e sacrificio se lles outorgan aos animais, asociando o benestar como complemento á rastrexabilidade e a unha mellora na calidade dos produtos. Isto motivou que o benestar animal se integre na política da Unión Europea xunto coa seguridade alimentaria e a protección

ambiental.

Resultado de imagen de bienestar animal en explotaciones ganaderas

O correcto manexo dos animais nas explotacións gandeiras é un dos princi-

pais factores que inflúen na calidade do produto final e ten gran importancia

na demanda dos consumidores na actualidade. Estes esixen cada vez máis que os alimentos que consomen ofrezan as máximas garantías de seguridade e sexan respectuosos cos animais e o medio. Dentro deste contexto, o benestar animal (BA) e a aplicación das axeitadas medidas de bioseguridade son imprescindibles para conseguilo.